PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Abellá feminino de Frades renuncia á súa praza e xogará na Terceira División Galega

PorBisbarra

Luns, 16 Setembro 2024
As xogadoras do Abella SDC celebrando un triunfo a pasada tempada (Foto: Facebook SE Abellá SDC)

O equipo de fútbol de Frades rexeitou o grupo que lle asignou a Federación Galega porque obrigábao a ter que percorrer máis quilómetros que outros equipos

O Abellá SDC feminino de fútbol do Concello de Frades renunciou a xogar a vindeira tempada na Segunda División Galega e farao na Terceira División. Así o anunciou o club nun comunicado tras a reunión mantida coa Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), despois de que o equipo mostrara a súa disconformidade co Grupo II de Segunda División que lle asignou a RFGF.

O Abellá feminino recibiu “sen previo aviso e a poucos días do inicio do campionato”, explica o club nun primeiro comunicado, o calendario da Liga Feminina Galega de Segunda División. Neste, a RFGF decidiu incluir ao Abellá no Grupo II. Isto, segundo o club de Frades, conleva unha desvantaxa para elas xa que terán que xogar “con equipos de Ourense e Vigo na súa maioría, e percorrer durante a tempada 4.000 quilómetros fronte aos 1.000 que realizarán nos seus desprazamentos o resto de equipos da categoría”.

O club indicou tamén que “esta situación era inasumible porque en lugar de poder xogar no Grupo I contra equipos como o UD Carral, que implicaría un desprazamento de 20 minutos, temos que ir xogar ao Porriño, Chantada, Vigo…”. E tras manifestar a súa disconformidade, fixo unha serie de reclamacións á RFGF para o cambio de grupo, que segundo o Abellá SDC, non tiveron éxito nin resposta.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Reunión da RFGF e o Abellá de Frades

Durante a reunión dos clubes convocada pola RFGF, o Abellá SDC defendeu a súa postura e expuxo diferentes argumentos. Mais ao remate da xuntanza non se acadou acordo algún para solucionar a situación, e a federación rexitou o cambio de grupo.

Polo tanto, e segundo indica o equipo de Frades noutro comunicado, “ante esta sitiuación de falta de solucións, inevitablemente, o SE Abellá SDC feminino non poderá competir na Segunda División esta tempada 2024-2025“.

A Real Federación Galega de Fútbol, explica o club, “escúdase en que este é o mellor reparto que pode facer” sen ter en conta o criterio a seguir de próximidade xeográfica “nin o de antiguidade ininterrumpida na mesma categoría, como sí se fai na Terceira División“.

O SE Abellá lembran que o equipo feminino de fútbol foi pioneiro no eido rural, acadando moi bos resultados, como o ascenso á Primeira División, categoría á que tivo que renunciar polos mesmo motivos “polos que hoxe renuncia á Segunda División Galega”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.