PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

ALTRI adquire Smarttia de Greenalia Forest e Greenalia Logistics

PorBisbarra

Luns, 27 Xaneiro 2025 , , , ,
As plantas de Altri contan con un centro de control que monitoriza todos os parámetros da actividade de forma permanenteAs plantas de Altri contan con un centro de control que monitoriza todos os parámetros da actividade de forma permanente

Altri dá un paso estratéxico importante no seu proceso de expansión en Galicia, coa firma dun acordo para a adquisición a Smarttia de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics.

Esta operación representa un fito significativo para a implementación de proxectos en curso e reflicte o compromiso de Altri co desenvolvemento sostible e a valorización dos recursos naturais de Galicia.

A realización desta adquisición está suxeita á verificación dunha serie de condicións previas, procedemento común en transaccións desta natureza. A compañía estima que este proceso estará completado a finais do primeiro trimestre de 2025.

PUBLICIDADE

Con esta adquisición, Altri reforza a súa presenza en Galicia e reafirma o seu compromiso coa comunidade local e os seus socios. A compañía seguirá colaborando con provedores locais que adopten as mellores prácticas de xestión forestal, fomentando a creación de emprego e impulsando o aumento da produtividade forestal actual en Galicia, así como o desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma. A operación está aliñada cos valores fundamentais de ALTRI, entre os que se atopa a sustentabilidade, o equilibrio e o respecto pola conservación e preservación dos recursos naturais.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.