PUBLICIDADE

Asetem pon en marcha a nova edición da campaña Volta ao Cole con vales de compra, agasallos e a gran festa infantil

PorBisbarra

Martes, 1 Setembro 2026 , , , , ,
A campaña pretende potenciar as compras no comercio local durante o mes de setembro

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide pon en marcha a nova edición da campaña Volta ao Cole con vales de compra, diferentes agasallos e a gran festa infantil. 

Para impulsar as compras nas tendas asociadas a Asetem, con tíckets iguais ou superiores a 100 euros as familias recibirán vales de compra de 6 ou 10 euros, dependendo do número de membros da unidade familiar (no caso das familias numerosas deberán aportar o certificado ou tarxeta acreditativa). Os tíckets deben ser do período de duración da campaña de Volta ao Cole, é dicir, do 1 ao 1 ao 25 de setembro de 2026. As familias deben entregar os tíckets nas oficinas de Asetem, situadas na Rúa Lino Sexto, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os vales de compra irán a través da App de Asetem e as familias terán o prazo dun mes (dende que se entreguen os tíckets) para gastalos.

PUBLICIDADE

Ademais do vale de compra, as familias que entreguen os seus recibos tamén recibirán un regalo relacionado co regreso aos centros educativos e unha entrada para a gran festa infantil que se celebrará o venres 25 de setembro. Como xa é habitual, o lugar escollido para a festa é o Parque Rosalía de Castro ou, en caso de choiva, o Pazo de Congresos.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.