Domingo. 07.07.2024

Un total de 74 galegos no exterior, procedentes de diferentes países de Europa e América, comezaron hoxe a súa andaina no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta, na que recibirán formación especializada en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega e confección do traxe tradicional.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) en Santiago, no que se desenvolverán as clases ata o vindeiro 16 de xullo, acolleu a inauguración do curso dun programa que conta coa implicación de máis de 70 profesores e directivos de entidades galegas do exterior, das que forman parte os 74 participantes que, ao remate da formación, impartirán docencias nestas actividades nos seus países de acollida.

Autoridades e participantes no programa Escolas Abertas durante o acto inaugural do curso no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Foto: N. Navaza)
Autoridades e participantes nas Escolas Abertas durante a inauguración do curso (Foto: N. Navaza)

O acto inaugural tivo lugar nos xardíns do CSHG e estivo presidido polo director xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas; a subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer e o director do centro de hostalería, José Paz.

Rodríguez Miranda explicou que se tratan duns cursos que pretenden garantir a participación da cidadanía no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinaminzar as comunidades galegas de Europa e América. 

Unha vez rematadas as intervencións, os asistentes desfrutaron da música e do baile, para acto seguido iniciarse unha formación especializada que levará polo mundo a tradición cultural galega.

  

As Escolas Abertas permitirán levar polo mundo a tradición cultural galega