PUBLICIDADE

Jacobo Casado, recente Campión de España de Karate Kumite cadete, xa olla cara ao Europeo

Jacobo Casado, Luis Menor e Alberto Casado durante a recepción no Pazo Provincial ao recente Campión de España de Karate Kumite en categoría cadeteJacobo Casado, Luis Menor e Alberto Casado durante a recepción no Pazo Provincial ao recente Campión de España de Karate Kumite en categoría cadete

Jacobo Casado foi recibido polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, co gallo do seu triunfo no Campionato de España de Karate este mes de novembro

Jacobo Casado, deportista de Maceda, foi recibido esta mañá polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, no Pazo Provincial. Casado. que ten 15 anos de idade, vén de converterse este novembro en Campión de España de Karate Kumite na categoría cadete de máis de 70 quilos.

“É un orgullo e estamos seguros que a súa proxección non vai quedar aquí, terá moitos máis éxitos”, valorou Menor, que tamén felicitou ao seu adestrador, Alberto Casado, xestor de Karate Club Maceda, polo seu traballo “no fomento do deporte e da inclusión”, con máis dun cento de federados.

O presidente provincial estudou futuras liñas de colaboración co club, poñendo en valor que “clubs do rural cheguen a un nivel de rendemento deportivo de nivel e ademais fomenten o deporte”. Tamén destacou a celebración do Campionato Galego, no mes de maio de 2026, que será apoiado pola Deputación.

PUBLICIDADE

Pola súa banda, Alberto Casado agradeceu o apoio da Deputación e desexou “poder levar o nome de Maceda aínda máis alto”. O Campión de España amosou o seu agradecemento pola “gran acollida” e o seu orgullo por representar a Maceda, Ourense e a Galicia. “Agora toca pensar ao grande, en Europa, pero tamén seguir traballando”, sinalou.  

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.