PUBLICIDADE

O CRI Tuxeleires organiza en Santiago a cuarta xornada de Rugby Inclusivo

O CRI Tuxeleires organiza en Santiago a cuarta xornada, dende que comezou a iniciativa, de Rugby InclusivoFragmento do cartaz anunciador da xornada de Rugby Inclusivo que organiza en Santiago o CRI Tuxeleires

Os CRI Tuxeleires organiza, este sábado 29 de novembro, a cuarta edición en Santiago, dende que comezou esta iniciativa no ano 2022, da xornada de Rugby Inclusivo, que contará coa participación do CRAT de A Coruña, do Vigo Rugby Club e da Fundación San Rosendo/OCR, así como o club orgaizador.

A iniciativa terá lugar o sábado de 10:00 a 12:00 horas no campo de fútbol e rugby da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Dende a organización explican que no rugby inclusivo participan persoas con e sen discapacidade, homes e mulleres, co obxectivo de fomentar a inclusión das persoas con discapacidade a través do deporte, sendo unha das poucas disciplinas nas que existe unha inclusión real.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.