PUBLICIDADE

Unha ruta de sendeirismo por Ortigueira e O Vicedo, abriu a tempada do Concello de Frades

PorBisbarra

Xoves, 29 Outubro 2026 , ,
Participantes na primeira das rutas de sendeirismo da tempada, organizada polo Concello de Frades, entre as localidades de Ortigueira e O VicedoParticipantes na primeira das rutas de sendeirismo da tempada, organizada polo Concello de Frades, entre as localidades de Ortigueira e O Vicedo

Unha trintena de veciños e veciñas de Frades tomaron parte na primeira ruta de sendeirismo organizada este ano polo Concello entre as localidades de Ortigueira e O Vicedo. O tempo non acompañou e os sendeiristas estiveron acompañados por unha chuvia miúda durante os case 14 quilómetros.

A expedición saíu ás 8:00 horas do pasado sábado 17 de outubro da casa do concello con destino a Loiba, onde din que está o banco máis bonito do mundo, emprazado sobre os fermosos cantís de Ortigueira. Dende aló, os veciños e veciñas de Frades desfrutaron dunha das rutas de sendeirismo costeiro máis espectaculares de Galicia, combinando cantís, pasarelas sobre o mar e fermosas vistas marítimas.

Fragas do Eume

A próxima cita terá lugar o sábado 21 de novembro cunha ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, na Coruña. Un traxecto circular de case 16 quilómetros polo bosque atlántico de ribeira mellor conservado de Europa. A expedición sairá ás 8:00 horas da casa do Concello de Frades para visitar o centro de interpretación de Ombre e o Mosteiro de Caaveiro, ademais do percorrido guiado polo parque natural das Fragas do Eume.

PUBLICIDADE

O prezo é o mesmo que o de todas as rutas de sendeirismo: 15 euros por persoa. As inscricións poden realizarse na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 981 695 567.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.