PUBLICIDADE

O PP de Melide chama a atención sobre a “perigosidade” da pista de acceso a San Salvador

PorBisbarra

Mércores, 15 Xaneiro 2025 , , , ,
Imaxe do estado da zona que achegan os populares de Melide.

O PP de Melide solicita que “ o tripartito municipal que se poña a traballar na xestión do día e deixe de intercambiar actas de concelleiros e salarios como se o Concello de Melide, o concello de todos, fóse un taboleiro de monopoli”.

A portavoz do Partido Popular de Melide, Dalia García e o seu grupo sinalan que “hai semanas que os veciños e veciñas de San Salvador e todos os usuarios desta vía de comunicación sofren un grao máis de inseguridade toda vez que o pasado decembro un camión gandeiro envorcou neste punto provocando un socavón moi perigoso nesta curva de acceso ao lugar de Compostela, lugar de paso para acceder igualmente a parroquia de San Salvador, sen que o Concello actuase inmediatamente, actuación que tardou días e que a pesar da perigosidade, so instalou unhas simples barras de ferro que non se ven cando cae a noite”.

“Unha pista rural, onde o trasego de camións do leite, camións de transporte porcino pola proximidade de granxas, pista de acceso ao veciño Concello de Toques ademáis de roteiro do Camiño de Santiago, variante Primitivo, leva semanas deixada sen que ninguén faga nada co conseguinte risco que conleva; isto é unha mostra máis de que a xestión diaria lle queda grande a un goberno máis preocupado por intercambiar soldos e subsistir no cargo que polos intereses de Melide” sinala García.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.