PUBLICIDADE

Arzúa, Santiso e Melide solicitan unha xuntanza coa Xunta para falar de Altri

PorBisbarra

Mércores, 15 Xaneiro 2025 , , , , ,
Pérez, Carril e Adán, os alcaldes de Melide, Arzúa e Santiso

Os alcaldes dos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, Xoán Xesús Carril, Manolo Adán e Xosé Manuel Pérez, respectivamente, asinaron unha carta conxunta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para expresar a súa preocupación pola intención da empresa Altri de implantar unha macrocelulosa a poucos quilómetros dos seus municipios.

Na carta, os rexedores subliñan a gran inquietude que esta iniciativa está xerando entre a veciñanza. “A proximidade desta planta aos seus municipios e os posibles impactos ambientais, sociais e económicos para as súas xentes son os principais puntos que motivan esta situación”, din.

Nesa carta, os tres alcaldes explican “sentirse preocupados ante un proxecto que vai comprometer os recursos hídricos, a calidade do aire e que vai afectar ao tecido produtivos dunha comarca eminentemente agrogandeira e na que o Camiño de Santiago ten tamén un peso moi importante”.

PUBLICIDADE

Os rexedores falar da “urxencia do asunto e o impacto que esta iniciativa podería ter nos seus municipios” e solicitan ao presidente da Xunta unha reunión a maior brevidade posible, co fin de “expoñerlle como representantes da veciñanza a preocupación social existente”

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.