O Boletín Oficial da Provicia de hoxe recolle a aprobación definitiva do orzamento xeral do Concello de Ferrol para o exercicio 2025. Tras este trámite, entra en vigor o orzamento de 91.914.004,72 euros para o municipio.
O Goberno local salienta que xa ten en xaneiro o orzamento para o presente exercicio. Este recolle un incremento do 4% do gasto en políticas de benestar e un 3% no gasto de persoal municipal. Pola súa banda, cultura, educación, deporte e turismo crecen un 61%. Tamén medran un 24,28% os servizos do día a día e o coidado da cidade.
Os investimentos para a transformación da cidade iniciada no ano 2023 e seguido no 2024 ten a súa continuidade nestes orzamentos acadando os 16.622.253,46 euros, grazas á colaboración e á corresponsabilidade con administracións como a Xunta de Galicia, que achega máis de sete millóns de euros; ou o Goberno do Estado, con case 200.000 euros.
Durante este ano, entre outras obras, comenzarán as do proxecto de Abrir Ferrol ao mar e as da Cidade do Deporte. Tamén o fará a urbanización interior do Sánchez Aguilera e reurbanización do seu entorno, así como a eliminación de varios tapóns nas rúas Penas de Guitín en Catabois, Muíño do Vento en Canido e o da rúa Adolfo Ros en Ultramar.
Nos traballos do día a día contémplase a renovación da rúa Rubalcava e mellorarase a accesibilidade nas rúas Sao Paulo, Padre Feijóo e Armada Española e nas vivendas de Recimil, xunto á rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética no edificio da rúa Ares.
Asemade, a Xunta de Galicia licitará as obras do saneamento no rural, un proxecto cun investimento plurianualizada entre o Concello e a Xunta de Galicia, que suma en total 13 millóns de euros.