PUBLICIDADE

Cedeira favoreceu a reciclaxe de 4.200 quilos de aceite usado en 2024

PorBisbarra

Xoves, 6 Febreiro 2025 ,
Esta reciclaxe evitou a emisión de 12.849 toneladas de CO2 á atmosfera.Esta reciclaxe evitou a emisión de 12.849 toneladas de CO2 á atmosfera.

A veciñanza de Cedeira depositou no 2024 para a súa reciclaxe un total de 4.283 quilos de aceite de cociña usado. Segundo a empresa Green Ambiental, encargada do servizo de recollida, a vertedura deses aceites depositados durante o pasado ano nos dez contedores cedeirenses tería contaminado máis de 4,7 millóns de litros de auga. Ademais, transformando eses 4.283 quilos en biocarburantes prodúcese un aforro de 12.849 toneladas de emisións de CO2.

RECICLAXE DE TÉXTILES

Por outra banda, a cidadanía de Cedeira tamén depositou durante o pasado ano 12.490 quilos de téxtiles nos cinco contedores do municipio. Estes están xestionados polo Concello a través da empresa Insertega. Neste caso, a reciclaxe deste material aforrou a emisión de 39,58 toneladas de CO2 á atmosfera.

Desde o Goberno local subliñan o seu compromiso na loita contra o cambio climático. Así mesmo, destacan o esforzo colectivo que permitiu mudar os malos resultados das analíticas sobre a calidade das augas das praias da Madalena e Area Longa. Neste sentido, logrouse conseguir a cualificación de excelente, que se mantén desde o ano 2020.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.