O alumnado do obradoiro de emprego de Barbadás está a realizar tarefas de limpeza no lavadoiro das Lameiras. Trátase dun espazo senlleiro situado en Sobrado do Bispo. A actuación consiste no baleirado do vaso, eliminación da vexetación, limpeza das pedras e mellora dos accesos.
A intervención permitirá que a veciñanza poida desfrutar de novo deste espazo, sobre todo coa chegada das altas temperaturas do verán.
O obradoiro de emprego tamén está levando a cabo a rehabilitación do lavadoiro de Costa Mollada. O obxectivo é convertelo nun lugar de coa auga como elemento principal para potenciar a súa estética.



