PUBLICIDADE

A Xunta investiu 1,5 millóns na eficiencia enerxética de oito edificios en Ferrolterra

A axudas para a eficiencia enerxética pretenden a redución do consumo nos fogares e a mellora do confort.A axudas para a eficiencia enerxética pretenden a redución do consumo nos fogares e a mellora do confort.

A Xunta de Galicia subvencionou en 2024 actuacións de mellora da eficiencia enerxética en oito edificios nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Esta liña de axudas destinadas a inmobles de tipoloxía residencial colectiva beneficiou a 83 vivendas nos municipios da Capela, As Pontes, Cabanas, Ferrol, Narón, Pontedeume e Valdoviño.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, mantiveron un encontro coa comunidade de propietarios San Bernardo de Caranza. Neste inmoble estanse a executar obras de mellora da eficiencia enerxética ao abeiro destas axudas postas en marcha pola Xunta cos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Aneiros puido comprobar os traballos en execución no inmoble situado na avenida do Mar, subvencionados con 1,2 millóns de euros. Consisten na substitución da cuberta e a rehabilitación enerxética da envolvente mediante sistema SATE. O proxecto, valorado en 2 millóns de euros, inclúe ademais a instalación de enerxías renovables, aerotermia para a calefacción e placas solares no tellado para a produción de electricidade. Así pois, este proxecto beneficia a 60 vivendas e sete locais.

PUBLICIDADE
Mellorarase a eficiencia enerxética mediante a substitución da cuberta, a instalación de SATE, aerotermia e placas solares.
Mellorarase a eficiencia enerxética mediante a substitución da cuberta, a instalación de SATE, aerotermia e placas solares.

AXUDAS EN GALICIA PARA A EFICIENCIA ENERXÉTICA

A delegada territorial mostrou a súa satisfacción ao comprobar a repercusión destes apoios autonómicos. Con estes, o Goberno galego pretende contribuír a que a cidadanía reduza o consumo de enerxía nos fogares e mellore o confort interior das vivendas.

Aneiros destacou que as actuacións subvencionables deben lograr unha redución de polo menos un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable. Ademais, unha diminución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de entre o 25% e o 35%, segundo a zona onde estea emprazado a inmoble.

A representante autonómica aproveitou para lembrar que está aberta a convocatoria de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas de forma individual. Esta liña abarca tanto as unifamiliares como as que forman parte de inmobles residenciais colectivos. Neste caso o importe a percibir será do 40% do custo da actuación, a partir dun investimento de 1.000 euros, cun límite máximo de 3.000 euros por axuda. Os interesados dispoñen ata o 8 de xullo para solicitalas, senón se esgota antes o crédito de preto de 2,2 millóns de euros habilitado na convocatoria plurianual.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.