PUBLICIDADE

Verea afirma que se é alcalde no 2027 retomará o proxecto da senda verde para Santiago

PorBisbarra

Venres, 23 Maio 2025 , ,
Verea, portavoz local dos populares de Santiago en rolda de prensa.

O portavoz dos populares de Santiago de Compostela afirmou que, se goberna despois das vindeiras eleccións de 2027, retomará o proxecto “na súa integridade” e incluso ampliará o proxecto da senda peonil e ciclista que afectaba ao Bosque do Banquete de Conxo. O portavoz sae ao paso con estas declaracións, despois de coñecerse o anuncio da Xunta de Galicia que deixará en suspenso este proxecto.

“Queda claro que Santiago é unha cidade en marcha cun tripartito que a frea. Estamos ante unha senda peonil e ciclista que situaba Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible, un gran itinerario verde de conectividade colectiva”, dixo o portazo popular local. Engadiu que “desde o primeiro minuto, CA, PSOE e BNG boicotearon este proxecto, cegounos tanto a ideoloxía que non lles importa perder unha senda verde alternativa”.

Verea explicou que “como alcalde, en 2027, retomarei o proxecto na súa integridade e incluso ampliaremos esta senda verde alternativa e de futuro, porque Compostela merece volver a ser referente. E a maioría dos composteláns están cansos, aburridos de políticos tristes, acomplexados e antigos. Eu son claro, son transparente, e creo que sempre o intentei ser. Como alcalde, en 2027 concluiremos esta senda verde como alternativa de futuro e, ademais, ampliarémola, sempre cumprindo todos os requisitos patrimoniais, cumprindo todos os requisitos de patrimonio natural e de patrimonio cultural. O que non imos facer son parches. Polo tanto, hai unha premisa que para min é irrenunciable: que este sexa un gran itinerario verde e de transformación da cidade. Como alcalde, avanzarei na posibilidade de solucionar todas estas cuestións para que o proxecto sexa completamente compatible co patrimonio cultural, plenamente compatible co patrimonio natural, e mellore substancialmente a vida dos cidadáns de Santiago.”.

PUBLICIDADE

REFERENTE DE MOBILIDADE ALTERNATIVA

O portavoz local, explicou que se goberna, “Santiago será un referente na mobilidade alternativa, non podemos quedarnos en carrís bici parche, como aos que nos teñen acostumados. Hai uns criterios que para min son liñas vermellas: ten que ter continuidade, separación absoluta das estradas e dos vehículos, e ten, ademais, que mellorar a vida das persoas con mobilidade reducida, permitíndolles chegar onde hoxe non chegan. E, por tanto, esa infraestrutura, cumprindo estes requisitos, rematarémola xuntos a partir de 2027. Porque ese é o futuro, por onde vai Europa e por onde vai o mundo, e non podemos seguir quedándonos atrás por culpa dun goberno local triste, acomplexado e antigo”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.