PUBLICIDADE

O ciclo Fegateatro de Brión poñerá en escena sete obras teatrais de balde en outono

Firma do acordo de colaboración entre o Concello de Brión e a Fegatea para o desenvolvemento no outono do ciclo Fegateatro 2025Firma do acordo de colaboración entre o Concello de Brión e a Fegatea para o desenvolvemento no outono do ciclo Fegateatro 2025

A nova edición do ciclo Fegateatro é o resultado do acordo firmado hoxe entre o Concello de Brión e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, con máis de 700 integrantes e 56 grupos de teatro, e dirixido á veciñanza do municipio brionés

O ciclo Fegateatro 2025 do Concello de Brión terá continuidade cunha nova edición o vindeiro outono no que se poñerán en escena sete obras teatrais dixidas á veciñanza do municipio brionés nos meses de outubro e novembro. Esta nova edición do Fegateatro é posible grazas o acordo asinado esta mesma mañá entre o alcalde, Pablo Lago, e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).

Así, durante a presentación do acordo, o Concello, a través do seu departamento de Cultura, e a Fegatea informaron que o Fegateatro 2025 de Brión desenvolverase os días 11, 18 e 25 de outubro, e o 8, 15, 22, 29 de novembro no Auditorio do Centro Social Polivalente. A programación, aínda por pechar, elaboraraa a Fegatea que conta na actualidade con pezas de 56 grupos teatrais e máis de 700 integrantes de toda Galicia.

Dende a súa fundación hai 25 anos, Fegatea reforzou un espazo propio para o teatro afeccionado en Galicia, avalado polas numerosas actividades que organiza, así como as que apoia e nas que participa. Este labor foi recoñecido a nivel estatal con diversos premios como o Táboas da Federación Valenciana de Teatro en 2012 ou o da Federación de Teatro Afeccionado de Castela e León en 2016. Ademais, en decembro de 2020, a Xunta de Galicia outorgoulle o Premio da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.