PUBLICIDADE

Ferrol adica 145.200 euros ás entidades veciñais

PorBisbarra

Martes, 1 Xullo 2025 ,
O concelleiro de Participación de Ferrol reuniuse coas asociacións veciñais.O concelleiro de Participación de Ferrol reuniuse coas asociacións veciñais.

O Concello de Ferrol abre o prazo de convocatoria de subvencións a entidades veciñais no ano 2025. As axudas adicaranse a actividades de interese xeral e gastos ordinarios de funcionamento necesarios para o seu propio fin. A xunta de Goberno local aprobou as súas bases o 16 de xuño e xa foron publicadas no BOP.

A Concellería de Participación, ao fronte da que se atopa Javier Díaz Mosquera, informou de que se establecen dúas liñas de axudas. Por unha banda, a liña 1, para actividades e programas de interese xeral que favorezan a dinamización veciñal nos barrios e nas parroquias. Esta ten unha contía de 100.000 euros. Pola outra banda, a liña 2, para gastos ordinarios de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das entidades veciñais. Neste caso, o Concello de Ferrol destina 45.200 euros.

Poden concorrer todas as asociacións veciñais, federacións e agrupacións de asociacións veciñais que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria. Asemade, deben fomentar a participación entre os veciños e as veciñas con ámbito de actuación no termo municipal de Ferrol.

PUBLICIDADE

O prazo de concorrencia a estas axudas remata o 29 de xullo. No tocante ao prazo de xustificación das subvencións, finalizará o 31 de xaneiro de 2026.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.