PUBLICIDADE
O Campionato Galego Absoluto de Atletismo disputouse a pasada fin de semana na pistas do estadio da Universidade de Santiago de CompostelaO Campionato Galego Absoluto de Atletismo disputouse a pasada fin de semana na pistas do estadio da Universidade de Santiago de Compostela

O Campionato Galego absoluto desenvolveuse no estadio de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, que a pesar da calor contou cun gran ambiente tanto nas pistas como nas gradas

A disputa do Campionato Galego absoluto de atletismo, a pasada fin de semana en Santiago, estivo marcado polas altas temperaturas, aínda así a cita deportiva contou cun gran ambiente tanto nas pistas como no graderío do estadio compostelano da USC.

Os atletas participantes neste Campionato Xunta de Galicia chegaron a Santiago coa mente posta tanto na consecución dun posto no podio como en acadar algún dos billetes de participación para distintos Campionatos de España.

As probas desenvolvéronse o sábado en dobre xornada, nun Campionato Xunta de Galicia que tivo como convidados na entrega de trofeos, entre outros, ao rector da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; a Javier Rico, coordinador de Deportes da USC, e a do adestrador Marino García-Verdugo, un dos técnicos máis prestixiosos referentes do atletismo galego.

PUBLICIDADE

Probas de velocidade do Campionato Xunta absoluto

Nas probas de velocidade o plusmarquista galego internacional Mauro Triana era o único na final que lograba parar o crono nos 10 segundos, gañando comodamente o título con 10.84Cristina Garrido, da Gimnástica, revalidou título feminino do ano pasado cun tempo de 12.34 segundos.

Un dos velocistas galegos máis regulares dos últimos tempos, Sergio Rodríguez da Gimnástica lograba un merecido triunfo sobre os 200 mestros, logo de invertir un tempo de 21.77 segundosAna Iglesias pola súa banda, e sobre a mesma distancia, non daba opcións as súas rivais rematando en 25.02 segundos. Lucas Vázquez do Barbanza, con 48.59 segundos (Mellor Marca Persoal), e Inés Oitavén do Ría de Ferrol con 55.48 segundos mellorando a prata da pasada edición, lograban o título sobre os 400 metros.

Suma e segue á magnífica tempada de David de la Fuente do CD Pinarium, que sumaba en Santiago os títulos tanto dos 800 metros con 1:51.85 minutos como na dos 5.000 metros. con 14:18.17 minutos. Sobre esta mesma distancia, unha decidida Sabela Castelo, lograba o triunfo coa súa mellor marca persoal detendo o crono en 16:52.95 minutos. Un triunfo que a sitúa no terceiro lugar a nivel ranking RFEA na categoría Sub-20.

Pola súa banda a internacional Sub-18 Sabela Martínez da Gimnástica, proclamábase campioa galega na proba dos 800 metros por diante da coruñesa Eugenia Gil quen sumaba outro bronce sobre os 400 metros. Nos obstáculos e baixo unha alta temperatura, debú de primeiros títulos galegos absolutos tanto de Pepe Sánchez da Atlética Lucense como de Pilar Rojo do Riazor Coruña.

Nos 110 valos, o plusmarquista galego absoluto Hugo Vázquez do Marineda At. na procura da mínina para tomar parte no Europeo, quedaba ás portas con 14.02 segundos. O segundo caixón do podio foi para o internacional en combinadas Gerson Vidal Izaguirre quen colleitaba o primeiro dos seus tres subcampionatos xunto á xavelina e disco. A tamén plusmarquista galega absoluta Uxía Pereira facía bos os prognósticos nos 100 valos que completaba en 14.25 segundos.

Lía Caride pola súa banda, lograba o cetro galego nos 400 metros valos cun tempo de 1:01.04 minutos, por diante de Carolina Martínez e de Lucía Rivadulla

O Campionato Galego Absoluto de Atletismo disputouse a pasada fin de semana na pistas do estadio da Universidade de Santiago de Compostela

Nas probas de marcha, o internacional Dani Chamosa cumplía co claro papel de favorito, precedendo tanto a Nicolás Collazo, segundo, como ao campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. Na categoría feminina, primeiro triunfo absoluto para Icía Ares que remataba en 25:29.09 minutos e no que xunto ela, estiveron na zona de podio Alba Pérez e Andrea Cainzos.

Resultados na modalidade de saltos

Nos saltos, bo campionato de Diego Míguez do Atletismo Sada quen lograba unha MMP de 15.29 metros nun concurso de triplo salto no que se subiu ao segundo caixón do podio o plusmarquista galego Jose Alfonso Palomanes con 15.19 metros, e completándoo o internacional Sub-20 Gonzalo Cuns cunha distancia de 14.84 metros.

A internacional Olia Guisela Becerril levouse o triunfo en lonxitude cun salto de 6.08 metros, mentres que na categoría masculina Sergio Coello facía o propio conseguindo alcanzar os 7.85 metros. Acompañárono no podio Diego Míguez (7.31 metros) que foi segundo, e Unai Loureiro (7.14 metros), terceiro. Compre salientar a participación da atleta paaralimpica Desiree Vila quen chegaba ata os 4.28 metros.

En altura interesante concurso o mantido entre o sadense Adrian Pastoriza e Gael Couñago do CAR Redondela con triunfo final para o primeiro con 1.96 metros polos 1.93 metros do redondelán. Na categoría feminina a principal favorita Iria Solera do Ourense At. deixaba o listón en 1.70 metros.

Cómodo triunfo para uhna Manuela Blanco do Ourense At. en pértega con 3.80 metros quen xa pensa no Campionato de España. En homes, o título foi para Aitor Fernández, mellor marca persoal, superando os 4.70 metros.

Xiana Lago dobre título en peso e disco

Xa nos lanzamentos a internacional Xiana Lago do Ría de Ferrol amosaban o seu bo estado de forma para lograr os títulos tanto de peso con 13.01 metros como de disco con 37.76 metros. Na categoría masculina Miguel Angel Granado lograba o ouro en peso con 15.85 metros sumando ademáis o bronce en martelo, cuxo gañador foi Marcos Bouza con 44.91 metros.

Entre as marcas destacadas, deste Campionato Xunta de Galicia absoluto, compre salientar os 60.64 metros da internacional Blanca Pereira do Ourense At. no concurso de martelo que lle daban o título por diante de Aixa Corbacho con 58.18 metros e mellor marca persoal. En homes, o lanzador da categoría máster Carlos Almudí do Celta, sumaba o galego absoluto con 50.56 metros.

Na xavelina, a colombiana con ficha galega e líder do ranking RFEA, Yiset Mágali Jimenez do Ourense At., lanzaba ata os 57.18 metros. Neste mesmo concurso reapareceu a internacional e campioa de España, Lidia Parada do Barbanza, que conseguiu un lanzamento de 48.00 metros que lle daba a prata. Na categoría masculina Jonathan Correa (Gimnástica) repetía o título do ano pasado con 66.45 metros.

Por último, nas probas de remudas a Sociedad Gimnástica lograba por equipos proclamarse campión galego nas dúas probas masculinas dos 4×100 metros e dos 4×400 metros, correspondendo o campionato feminino ao Ría Ferrol nos 4×400 metros, e ao Ourense Atletismo nos 4×100 metros.

O Campionato Galego Absoluto de Atletismo disputouse a pasada fin de semana na pistas do estadio da Universidade de Santiago de Compostela
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.