Desde Espazo Común denuncian “a perda dunha subvención de 120.000 euros
destinada aos servizos de conciliación. A causa é o equipo de goberno simplemente
esqueceuse solicitala en prazo”.
Engaden que “este feito resulta especialmente grave, sobre todo si temos en conta que o propio
goberno municipal xustificou recentemente unha subida de taxas para o próximo curso
neste mesmo servizo alegando o seu carácter deficitario e que era necesaria para seguir
prestando o servizo, aínda en contra do voto das familias. E sobre todo
resulta inaceptable que un servizo esencial como este sufra as consecuencias da
desidia, a incompetencia e a falta de xestión , que xa vimos denunciando desde hai
tempo, dun goberno socilaista que decidiu gobernar en minoría”.
Explican dende este partido que “o máis preocupante é que a única explicación ofrecida a este grave prexuízo económico para o concello e sobre todo para os veciños e veciñas de Ames é que foi un simple “despiste”. Unha actitude que consideramos inaceptable e que deixa en evidencia a falta
de xestión, o descoñecemento e a incompetencia na defensa de servizos esenciais para
a cidadanía. Agora queda claro que ese déficit é froito da incapacidade para xestionar os
recursos públicos con responsabilidade, eficiencia e eficacia”.
Por último, dende Espazo Común apunta que “ resulta canto menos irónico que quen non dubidan en cualificarse como “un goberno valente que súa a camiseta”, sexan os mesmos que se “despistan” con 120.000 euros de diñeiro público. Se súan a camiseta, será de tanto correr detrás dos seus propios erros. Esiximos explicacións públicas, responsabilidades políticas e,
sobre todo, respecto ás familias deste municipio, que non merecen pagar do seu peto os
descoidos doutros”.



