PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

1.106 familias adhírense á campaña de compostaxe de Barbadás

PorBisbarra

Martes, 29 Outubro 2024 ,
Barbadás celebrou unha xornada de compostaxe doméstica na rúa.Barbadás celebrou unha xornada de compostaxe doméstica na rúa.

O Concello de Barbadás celebrou unha xornada de compostaxe o pasado sábado, 26 de outubro, na Valenzá. Durante o día, moitas persoas achegáronse á avenida Celanova para informarse sobre o procedemento de compostaxe doméstica e adquirir de xeito gratuíto o composteiro e aireador.

En total, máis de 1.100 familias adheríronse á campaña. Destas, 500 adquiriron un composteiro doméstico, mentres que 606 optaron polo uso do contedor marrón. Neste sentido, para empregar o primeiro precísase un terreo de polo menos 50 metros cadrados, para elaborar o compost e empregalo para nutrir a horta ou o solo. No caso de non contar con este terreo, a veciñanza pode optar pola segunda opción, a do contedor marrón, máis axeitado para contornas urbanas.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Plan de recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos da Unión Europea-NextGenerationEU. A Campaña continuará durante o ano 2024, facendo un seguimento para garantir o correcto desenvolvemento da compostaxe en cada fogar.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A tenente alcalde e concelleira de medio ambiente de Barbadás, Victoria Morenza, celebrou o éxito da iniciativa local para o aproveitamento dos residuos orgánicos. Neste sentido, salientou o número de familias interesadas en reducir os residuos que rematan no contedor verde, tanto no rural como nas zonas urbanas.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.