PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Trazo e Oroso reforzan o seu compromiso co medioambiente coa adquisición de nova maquinaria

PorBisbarra

Martes, 29 Outubro 2024 , , , ,
Inclúe unha desbrozadora e unha trituradora, cun investimento total de máis de 55.000 euros.

Os concellos de Trazo e Oroso veñen de recibir nova maquinaria especializada en protección medioambiental e mantemento do espazo natural, obtida a través do Fondo de Compensación Ambiental, un programa de axudas xestionado pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

Esta adquisición, realizada en colaboración co Concello de Trazo, inclúe unha desbrozadora e unha trituradora, cun investimento total de máis de 55.000 euros. Desta cantidade, o ente autonómico financiou o 80% a través desta axuda de concorrencia agrupada, confirmando así a súa aposta polo coidado e sostemento dos espazos naturais en Galicia.

Con esta nova dotación, Oroso e Trazo reforza a súa capacidade para realizar labores de conservación do territorio, fomentando un entorno máis limpo e seguro para a cidadanía e contribuíndo ao equilibrio ambiental da nosa comarca. A maquinaria permitirá optimizar os recursos destinados a estas tarefas e mellorar a eficiencia nas actuacións de protección ambiental, en consonancia cos obxectivos de sostibilidade e conservación.

PUBLICIDADE

Ambos concellos agradecen o apoio da Xunta de Galicia e a colaboración intermunicipal que fixo posible esta adquisición, e continuará traballando en iniciativas que favorezan a sostibilidade e a protección do medio ambiente, en beneficio de todos os veciños.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.