PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ribadavia amplía o horario do cemiterio por Todos os Santos

PorBisbarra

Mércores, 30 Outubro 2024 ,
Imaxe do cemiterio de Esposende, que é accesible todo o día, como os demais parroquiais.Imaxe do cemiterio de Esposende, que é accesible todo o día, como os demais parroquiais.

O Concello de Ribadavia amplía durante a semana o horario do cemiterio municipal. Para facilitar a visita da veciñanza, permanecerá aberto de 9:00h a 20:00 h ininterrompidamente, por mor da celebración de Todos os Santos.

Pola súa banda, os cemiterios de San Cristovo, Sampaio, Prexigueiro, San Andrés, Esposende e Sanín mantéñense accesibles durante todo o día, como é habitual.

A maiores, os servizos municipais realizaron labores de acondicionamento e limpeza nos cemiterios municipal e parroquiais. O obxectivo é garantir un adecuado estado para a recepción de visitantes e que a veciñanza poda lembrar nas mellores condicións aos seus seres queridos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.