A Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide denuncia un novo “atentado contra o medio ambiente local”. Explican que “o pasado martes 21 de xullo, a directiva comunicaba ao Servizo de Protección da Natureza da Guardia Civil a través do enlace da sua páxina web, acusado recibo, e máis ao Concello de Toques como afectado, unha agresión ao medio ambiente na contorna da Praia Fluvial de Melide do río Furelos e o seu afluente”.
Apuntan que “verteuse de forma ilegal na marxe do regato que desemboca na Praia Fluvial un lote de planchas de fibrocemento, elemento fibroso moi perigoso para a saude humana. O vertido fixose a uns 50 metros da desembocadura do regato na Praia Fluvial, regato que é límite natural dos concellos de Melide e Toques. Localizase o vertido na marxe do regato correspondente ao concello de Toques”.
Dende o colectivo de troiteiros fan un chamamento á veciñanza, e piden colaboración para “erradicar este tipo de comportamentos incívicos que son unha agresión ao patrimonio natural e medioambiental de todos. Identifiquemos e concienciemos accions e actitu des que degradan o noso ben común; Que as nosas conciencias evalúen se os nosos feitos están alinea dos na conservación e coidado da Natureza e os nosos ríos”




