O Concello de Ferrol colabora un ano máis coa Asociación Multisectorial Ultramar Village na campaña “Déixate querer por Ultramar”. Esta actividade desenvólvese desde 2014 e consiste no sorteo de vales de compra. No caso desta edición, repartiranse preto de 5.500 euros.
Para optar aos premios só é necesario facer un gasto ata o 30 de novembro en calquera dos 22 establecementos participantes. Cada un dos locais sorteará dous vales por valor de 121 euros entre a súa clientela, que deberán ser trocados no propio local.
Os locais participantes son A Tenda do Ruliño, AK Anukas Beleza e Sol, Algodón Azul, Cassa Interiorismo Decoración, Comer Sano Mola, Decoraciones JP, Diego Soto Barbershop, Empatía Hair & Beauty, Federópticos Begoña Lorenzo, Floristería Pétalos, Gimnasio Bitácora, Holala!, Joyería Evaristo, Kids&Us, Libraría Limiar, Loureda Joven, M y D Asesores de imagen, Neumáticos Ultramar, Pastelería Ana Simó Valencia Ultramar, Peluquería Antares e Peluquería Ethereal.
“Déixate querer por Ultramar” realízase grazas a unha axuda concedida polo Concello de Ferrol enmarcada na subvención de actividades de promoción económica para o ano 2025.




