A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, visitaron a escola oficial náutico-pesqueira da cidade.
Ademais de agradecer a presenza da titular autonómica nesta xornada, o rexedor puxo en valor este centro, que é “un emblema e unha oportunidade” para a urbe naval. “Ferrol é a cidade do mar, e queremos que o sector mar-industria teña presente e sobre todo futuro. Para iso é importantísimo contar con centros de referencia como este no que se forma a centos de profesionais que dan valor ao mar de Ferrol e de toda Galicia”, concluíu Rey Varela.



