PUBLICIDADE

Ortigueira equípase con desfibriladores externos automáticos

PorBisbarra

Mércores, 14 Xaneiro 2026 , ,
Ortigueira amplía a rede de espazos cardioprotexidos con este novo equipamento.Ortigueira amplía a rede de espazos cardioprotexidos con este novo equipamento.

O Concello de Ortigueira equipou varios espazos municipais con desfibriladores externos automáticos (DEA). O obxectivo é mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia sanitaria e reforzar a seguridade da cidadanía.

Os dispositivos estarán no coche da Policía Local, nas oficinas municipais, prestando servizo tamén ao teatro da Beneficencia; no GES e na nave do polígono de Cuíña, para cubrir os servizos municipais de obras.

Con esta entrega de DEAa, o Concello de Ortigueira amplía a rede de espazos cardioprotexidos e garante unha maior cobertura en lugares estratéxicos do municipio.

PUBLICIDADE

Antes da posta en funcionamento dos equipos, o persoal municipal implicado realizou un curso obrigatorio de formación para o correcto uso dos desfibriladores. Así, asegúrase unha intervención eficaz e segura en caso de parada cardiorrespiratoria.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.