PUBLICIDADE

O Pereiro de Aguiar concede axudas a 12 familias numerosas

PorBisbarra

Mércores, 14 Xaneiro 2026 , ,
12 familias numerosas do Pereiro de Aguiar recibirán unha axuda de 200 euros.12 familias numerosas do Pereiro de Aguiar recibirán unha axuda de 200 euros.

O Concello do Pereiro de Aguiar resolveu as axudas a familias numerosas convocadas polo Goberno local. Así pois, 12 familias resultaron beneficiarias desta liña do programa Reactiva Pereiro 2025. Máis en detalle, recibirán unha axuda de 200 euros por núcleo familiar.

Esta liña de axudas convocadas polo Concello do Pereiro de Aguiar están destinadas a apoiar economicamente ás familias numerosas do municipio. As bases reguladoras aprobáronse mediante acordo da xunta de Goberno Local o 10 de outubro de 2025 e foron publicadas no BOP nº 210, do 31 de outubro de 2025.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.