A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu no seu despacho á nova presidenta e secretaria da Asociación Galega de Autocaravanas, Mar García e Carmen Prado. Na xuntanza abordaron as principais demandas do sector na área territorial e os proxectos que afronta a entidade de cara a este ano.
O encontro forma parte da rolda de contactos que a representante do Goberno galego mantén habitualmente cos axentes do tecido socioeconómico da zona coa finalidade de coñecer de primeira man ás necesidades que se poidan producir nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.



