PUBLICIDADE

A Garda Civil detén ao presunto autor da oleada de roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

PorBisbarra

Mércores, 29 Xaneiro 2025 , ,
A Garda Civil no momento da tención do individuo implicado presuntamente na oleada de roubos nas comarcas do centro de GaliciaA Garda Civil no momento da tención do individuo implicado presuntamente na oleada de roubos nas comarcas do centro de Galicia

A Garda Civil detivo a un individuo pola súa presunta implicación na oleada de delitos, ata 37, que se iniciou no mes de outubro xerando gran alarma social

A Garda Civil, no marco da Operación Cardenal levada acabo polo Equipo Roca de Santiago coa colaboración dos postos de Arca, Boimorto, Melide e Arzúa, vén de informar da detención dun individuo pola súa presunta implicación na oleada de roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes.

A Garda Civil, que xa puxo a disposición xudicial ao detido, explicou que a oleada de delitos contra o patrimonio iniciouse o pasado mes de outubro, xerando unha gran alarma social nas localidades de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e, especialmente, en Melide.

O detido pola Garda Civil, como presunto autor da oleda de roubos, impútanselle 12 delitos de roubo/furto e uso de vehículos, 22 delitos de roubo con forza no interior de vehículos, 2 delitos de furto e un delito contra a seguridade vial por conducir sen haber obtido o permiso.

PUBLICIDADE

Modus operandi segundo a Garda Civil

O suposto autor dos feitos, segundo explica a Garda Civil, aproveitaba as últimas horas da tarde e os descuidos dos propietarios para subtraer vehículos coas chaves postas, os cales eran posteriormente abandonados en Melide. Estes vehículos roubados eran utilizados para a comisión de roubos no interior doutros automóbiles estacionados en lugares pouco transitados das localidades afectadas.

Para todo iso, engade a Garda Civil, o detido empregaba un martelo de emerxencia para romper as xanelas dianteiras, accedendo á guantera e subtraendo obxectos de valor do interior. E, no caso de non atopar botín, ocasionaba desperfectos indiscriminados nos vehículos. Ademais, ao presunto autor da oleada de roubos, atribúenselle outros dous delitos de furto de gasoil, empregando unha garrafa plástica e unha mangueira para repostar nos vehículos sustraídos.

Grazas ao Equipo Roca da Garda Civil de Santiago durante esta operación logrouse recuperar un dos vehículos sustraídos, que xa entregouse ao seu propietario, e reuníronse probas que vencellan ao detido cun total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguirdade víal.

Unhas dilixencias que se entregaron no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Arzúa, no que o detido pola presunta oleada de roubos deberá responder polos feitos que se lle imputan.

A Garda Civil encontroulle ao presunto autor dos roubos estas ferramentas que empregaba para cometer os delitos
A Garda Civil encontroulle ao presunto autor dos roubos estas ferramentas que empregaba para cometer os delitos
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.