PUBLICIDADE

A Mancomunidade de Ferrol actualiza a licitación da xestión de residuos voluminosos

O investimento total da xestión dos residuos voluminosos na Mancomunidade para tres anos supón case 1,9 millóns de euros.O investimento total da xestión dos residuos voluminosos na Mancomunidade para tres anos supón case 1,9 millóns de euros.

O pleno da Mancomunidade de Concellos de Ferrol aprobou a nova licitación do expediente de contratación administrativa e o prego actualizado de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán o servizo de xestión de residuos voluminosos.

Dito prego substitúe e actualiza o anterior, redactado en setembro do 2023 e introduce no expediente un incremento do beneficio industrial que forma parte do orzamento base de licitación, elevándoo do 6% ao 9%.

O prazo de execución do contrato dará comezo desde o día seguinte ao da sinatura do correspondente contrato administrativo e terá unha unha duración de tres anos, con posibilidade de dous anos de prórroga.

PUBLICIDADE

O tipo de licitación contempla un prezo de recepción e pretratamento de 96,34 euros por tonelada e un prezo de disposición final, incluído transporte, de 96,73 euros por tonelada. Destinarase un total de 978.518,28 euros para os tres anos de duración inicial do contrato, o que supón 326.172,76 euros por ano. O investimento total ascende a preto de 1,9 millóns de euros incluíndo a posible prórroga e o imposto ao vertido.

O servizo a contratar contempla a recepción dos residuos voluminosos entregados polos distintos concellos da Mancomunidade, a pesada das entregas e o seu rexistro, o almacenamento temporal dos residuos e a súa clasificación, xestión e tratamento, entre outras tarefas.

Os residuos incluídos nesta xestión son mobles, electrodomésticos e equipos electrónicos, entre outros, non incluíndose residuos radioactivos, industriais ou sanitarios. En calquera caso, a empresa aceptará a totalidade dos residuos entregados polos concellos da Mancomunidade procedentes das recollidas municipais de aveños.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.