A oficina itinerante do programa AceleraPyme, da Deputación de Ourense, fixo unha parada no Concello de Ribadavia. Alí, o vicepresidente segundo provincial, César Fernández, participou nunha acción con empresarios e comerciantes da capital do Ribeiro.
Fernández acompañou aos técnicos do proxecto provincial AceleraPyme que na furgoneta itinerante. Con ela facilitan aos autónomos e pemes da provincia a tramitación do kit dixital e doutras ferramentas para impulsar a súa transformación dixital.
AcelerOU nace no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do programa AceleraPyme e que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025 financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. Así, esta iniciativa convértese nun paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores ourensáns na súa transformación dixital e modernización.




