PUBLICIDADE

A veciñanza da zona dos Pexigos cansa das avarías e dos cortes de auga

A zona dos Pexigos sofre novos cortes de auga por dúas avarías en menos dunha semana, e a veciñanza, entre a que se atopan persoas maiores e enfermas, esixe unha solución integral e non arranxos puntuais

A zona dos Pexigos en Santiago sofreu novos cortes de auga por dúas avarías en menos dunha semana. A veciñanza di estar cansa dunha situación que xa é recurrente e que está a afectar negativamente en especial ás persoas maiores e con efermidades.

Así, onte luns e o pasado venres, a veciñanza dos Pexigos vía como dúas novas avarías nas canalizacións, que precisan dunha reforma integral na súa totalidade, os deixaban sen auga durante varias horas cos inconvenientes que iso xera, mentres os técnicos de ViAQUA solucionaban unhas incidencias que a veciñanza asegura que se volverán a repetir, como vén acontecendo nos últimos meses.

Só durante os meses de novembro e decemebro producíronse unhas cinco incidencias, cos consecuentes cortes de auga, polo que a veciñanza esixe ao Concello de Santiago e a ViAQUA unha solución completa, e non arranxos temporais e puntuais que ao final, consideran, son só parches.

PUBLICIDADE
A zona dos Pexigos, en Santiago, sofre novos cortes de auga por dúas avarías na última semana
Os técnicos de ViAQUA na zona dos Pexigos arranxando a segunda avaría en menos dunha semana

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.