A xerente de SEA, Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo recibiu ao alcalde de Santiso, Manuel Adán, e a parte do seu equipo de goberno, coa intención de retomar un proxecto inicial que prevía a construción dun parque empresarial no municipio.
Levantaríase sobre unha superficie duns 250 000 metros cadrados nuns terreos que contan cunha situación estratéxica, agora que está moi preto o final das obras da autovía Lugo-Santiago.
SEA, a través da súa xerente, comprometeuse a encargar inmediatamente un estudo de viabilidad que analice a situación urbanística e que reflicta a viabilidade técnica, económica e xurídica para este polígono. Emprazáronse a unha nova reunión cando se coñezan os resultados deste estudo.