PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A xestión da EDAR de Ortigueira, a piques de adxudicarse

PorBisbarra

Martes, 22 Outubro 2024 , ,
O alcalde de Ortigueira reuniuse co director de Augas de Galicia.O alcalde de Ortigueira reuniuse co director de Augas de Galicia.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, mantivo unha reunión co director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón. O obxectivo do encontro era avaliar os traballos de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira. A EDAR é clave para o saneamento do municipio e a súa xestión está delegada na entidade autonómica no marco da lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

Durante a reunión, Añón avanzou o estado do proceso de licitación do novo contrato de servizo para a explotación, mantemento e conservación da EDAR. Segundo indicou, xa conta cunha proposta de adxudicación.

Pola súa banda, o rexedor ortigueirés expresou o interese en que a entidade autonómica tamén asuma a xestión da depuradora que dá servizo ao núcleo de Espasante. O obxectivo, segundo indicou, é crear sinerxías e mellorar a eficiencia na explotación conxunta das dúas depuradoras. Nesta liña, Augas de Galicia comprometeuse a realizar os traballos técnicos previos precisos para coñecer en detalle o funcionamento da instalación en Espasante e estudar a viabilidade de asumir a xestión.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Este encontro reafirma o compromiso do Concello de Ortigueira para mellorar a xestión do ciclo da auga, en liña coas oportunidades ofrecidas pola nova normativa. Así pois, esta permite que a Xunta de Galicia asuma parte da xestión municipal da auga, apostando por un servizo máis profesional e especializado.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.