PUBLICIDADE

A Xunta achega 185.000 euros a 14 mulleres emprendedoras das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

PorBisbarra

Martes, 21 Xaneiro 2025 , , , , , ,
Os representantes da Xunta coñeceron a unha das mulleres beneficiarias da Emega, taxista na Asociación de Radio Taxis de Fene.Os representantes da Xunta coñeceron a unha das mulleres beneficiarias da Emega, taxista na Asociación de Radio Taxis de Fene.

A Xunta concedeu 185.000 euros en axudas a 14 proxectos liderados por mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria da Consellería de Política Social e Igualdade para o fomento do emprendemento feminino durante unha visita a unha das beneficiarias do programa. Así mesmo, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a directora territorial da Consellería, María Blanco, tamén coñeceron á beneficiaria.

Trátase de Ana Belén Filgueira, taxista de profesión na Asociación de Radio Taxis de Fene. Ela percibiu unha achega autonómica de 10.000 euros, dentro da liña Emprende. Esta modalidade está orientada a facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de novo emprego feminino estable por conta propia e allea.

O obxectivo do programa Emega é promover o apoderamento económico e social das mulleres, incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural e eliminar a fenda de xénero. A actual convocatoria contou co maior orzamento da historia, con 5 millóns de euros.

PUBLICIDADE

O programa posúe catro liñas de axudas; Emprende, Activa, ITEF e Concilia. Comprende axudas para apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Así mesmo, respalda medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Asemade, promove o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

A contía dos apoios vai dos 3.000 euros por beneficiaria aos 42.000, en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos para mulleres de carácter indefinido. A estas contías engadiríase, de ser o caso, a axuda complementaria da liña Concilia, que oscila entre os 3.000 e os 5.000 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.