PUBLICIDADE

A Xunta acondiciona a antiga casa do conserxe do IES Catabois en Ferrol

A Xunta investiu 48.400 euros no acondicionamento deste espazo.A Xunta investiu 48.400 euros no acondicionamento deste espazo.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, visitaron o IES de Catabois. O obxectivo era coñecer a antiga casa do conserxe, na que o Goberno galego investiu 48.400 euros para o seu acondicionamento.

Grazas a este financiamento, o centro poderá dispor de novos espazos educativos. Máis en concreto, os traballos incluíron actuacións de demolición, modificacións interiores dos espazos e execución de novos pavimentos. O proxecto incluíu ademais o pintado de teitos e paredes, a instalación de novas carpinterías e a nova fontanería cun novo mesado e dous lavabos.

O novo espazo irá destinado aos Polos Creativos, a radio e as actividades de internacionalización do centro, que está incluído no proxecto Erasmus+. Ademais, as novas salas empregaranse para realizar todo tipo de actividades de dinamización.

PUBLICIDADE
Este espazo, acondicionado pola Xunta, destinarase aos Polos Creativos, a radio e as actividades de internacionalización do centro.
Este espazo destinarase aos Polos Creativos, a radio e as actividades de internacionalización do centro.

A delegada territorial apuntou que actuacións coma esta reafirman o compromiso do Goberno galego cunha educación pública de calidade. Así, indicou que este compromiso “pasa tamén por ofrecer uns centros educativos con espazos confortables, seguros e accesibles”.

No tocante ao IES Catabois, a Xunta leva investidos máis de 830.000 euros nos últimos anos en melloras neste centro educativo. Así, en 2023 foi obxecto dunha reforma integral encamiñada a mellorar a eficiencia enerxética do inmoble.

Esta última intervención está incluída dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para a modernización dos centros educativos. No caso de Ferrolterra, recolle actuacións por valor de 16 millóns de euros, onde tamén están incluídas obras en execución como a ampliación do CPI As Mirandas, por 3,1 millóns de euros; a comprometida rehabilitación integral do CIFP Leixa, por 1,5 millóns de euros; ou a recentemente rematada ampliación da aula-restaurante do CIFP Fraga do Eume, polo importe de 365.000 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.