PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta adxudica a reparación da cuberta e fachada do centro de saúde de Neda

PorBisbarra

Martes, 17 Decembro 2024 , ,
As actuacións no centro de saúde de Neda suporán un investimento autonómico de case 114.000 euros.As actuacións no centro de saúde de Neda suporán un investimento autonómico de case 114.000 euros.

A Xunta de Galicia adxudicou a obra de reparación da cuberta e as fachadas do centro de saúde de Neda. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicoua adxudicación do contrato, no que a se investirá 113.729, 72 euros.

As obras de reparación comezarán no vindeiro mes de xaneiro. Actuarase en máis de 890 metros cadrados de superficie. Así, para a reparación da cuberta, procederase a desmontar a anterior e executar unha nova cuberta. Colocaranse placas baixo tella de fibrocemento sen amianto e cobertura de tella cerámica curva.

De xeito paralelo á execución da nova cuberta, substituiranse os canais e baixantes, colocando uns novos de aluminio prelacado. A reparación da fachada realizarase picando o revestimento monocapa existente, saneando e reforzando previamente os beirís, ademais de proxectar un novo revestimento.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Unha vez realizadas as reparacións, procederase a pintar e sanear os interiores.

Neste mesmo ano, actuouse nas ramplas de acceso ao centro sanitario para mellorar a accesibilidade das persoas on mobilidade reducida. Tamén se actuou para habilitar un local para o retinógrafo. No ano anterior, creouse a área de pediatría-matrona, redistribuíronse as consultas e pintouse o centro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.