PUBLICIDADE

A Xunta de Galicia mellora a eficiencia enerxética do novo local cultural no antigo CEIP de Visantoña en Santiso

O Concello contou cunha achega do Goberno galego de case 26.000 euros para Mellora da eficiencia enerxética coa substitución da carpintería exterior do antigo CEIP de Visantoña

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  visitou hoxe as melloras que se executaron no novo local cultura no antiguo CEIP de Visantoña  dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dirixida a concellos, e destinada a mellorar o equipamento e as instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais en concurrencia competitiva. Concretamente, este Concello recibiu unha achega de case 26.000 euros para levar a cabo o seu proxecto.

O Centro Cultural de Visantoña é unha das sedes principais da Concellería de Cultura de Santiso. O centro está equipado para o desenvolvemento de diversas actividades de conciliación dos rapaces, talleres de memoria dos maiores,  ademais de ser un punto de encontro e ensaio para as asociación culturais locais como a Banda Escola de Música de Visantoña, a Coral Polifónica e varios grupos de música tradicional.

A intervención contemplou a desmontaxe de carpintarías exteriores existentes. E a Instalación de ventás de aluminio con rotura de ponte térmico, de follas practicables ou abatibles, con apertura cara o interior, acabado lacado cor branca, con dobre vidro de baixa emisividade térmica e de seguridade.

PUBLICIDADE

O proxecto permite unha mellora notable da eficiencia enerxética, reducindo de forma drástica o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións contaminantes asociadas e mellorando a calidade do servizo que se presta á cidadanía,

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.