PUBLICIDADE

A Xunta destina 849.000 euros á mellora do firme da AC-102 en Cerdido e Cedeira

PorBisbarra

Martes, 11 Novembro 2025 , , , ,
A Xunta acondicionou nos últimos meses catro estradas autonómicas na Delegación, cun investimento de case 3,2 millóns de euros.A Xunta acondicionou nos últimos meses catro estradas autonómicas na Delegación, cun investimento de case 3,2 millóns de euros.

A Xunta de Galicia destinou 848.728 euros á mellora do firme da estrada autonómica AC-102 ao seu paso polos Concellos de Cedeira e Cerdido. Co gallo do fin desta obra, a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, achegouse ao municipio de Cerdido para supervisar o resultado da intervención. Na visita estivo acompañada polo alcalde da localidade, Alberto Rey.

Os traballos foron acometidos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. As obras consistiron na regularización das zonas máis deterioradas, fundamentalmente rodeiras, fresado das zonas de firme con danos estruturais e reposición. Nalgúns tramos, procedeuse á eliminación parcial e reposición do firme, seguida dun recrecemento. A finalidade era mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria nesta estrada que pertence á rede complementaria de estradas convencionais da Rede de estradas da Xunta de Galicia. As actuacións completáronse co pintado da sinalización horizontal.

A delegada territorial lembrou que esta é unha das catro estradas autonómicas da área da Delegación que a Administración autonómica acondicionou nos últimos meses, xunto á AC-862, AC-100 e AC-151. O investimento conxunto ascendeu a preto de 3,2 millóns de euros.

PUBLICIDADE

Aneiros recordou o compromiso do Goberno galego por “seguir mellorando a rede de estradas autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sustentable no territorio”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.