PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta e Beariz renovarán a cuberta do centro social de Muradás

PorBisbarra

Luns, 4 Novembro 2024
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar eo alcalde de Beariz visitaron o centro social de Muradás.O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar eo alcalde de Beariz visitaron o centro social de Muradás.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Beariz asinaron un convenio para acondicionar a cuberta do centro social de Muradás. Así pois, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, asinaron o documento para a intervención no edificio de titularidade municipal. Así pois, o Executivo autonómico destinará 48.300 euros a financiar estes traballos, que a administración local executará no que resta de ano.

Segundo o estipulado, as obras de mellora do tellado contemplan o cambio da tella e a instalación dunha lona térmica sobre un falso teito. Isto permitirá eliminar filtracións e mellorar a eficiencia enerxética do edificio. Ademais, a memoria do proxecto inclúe a colocación de dúas ventás no propio tellado e a mellora do sistema de iluminación para reducir o consumo.

Este inmoble leva máis de 25 anos acollendo diferentes actos e encontros organizados pola veciñanza. Neste sentido, o xerente do Consorcio destacou que as accións que se financian están destinadas a mellorar o día a día dos veciños e veciñas de Beariz. Neste senso, recalcou que se trata da posta a punto dunha infraestrutura que xa forma parte da historia da vila e que permite dende hai anos a dinamización social deste concello rural.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.