PUBLICIDADE

A Xunta e o Concello de Oroso acordan a ampliación da rede de abastecemento municipal en Vilacide de Arriba

PorBisbarra

Martes, 6 Outubro 2026 , ,
Xuntanza da conselleira co alcalde de Oroso

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Oroso, Alexánder Doval, acordaron a ampliación da rede de abastecemento municipal en Vilacide de Arriba.

A conselleira explicoulle ao alcalde que Augas de Galicia xa avaliou o proxecto presentado polo Concello e determinou que cumpre os parámetros técnico-legais necesarios, pero subliñou que o inicio da actuación está supeditado a dispor dos correspondentes informes de Carreteras del Estado e da Deputación Provincial da Coruña para poder incluír estas obras no presente exercicio orzamentario. De feito, segundo indicou o alcalde, a solicitude ao respecto desta cuestión fíxose o pasado mes de maio.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.