PUBLICIDADE

A Xunta inviste 220.000 euros na segunda fase da dragaxe do porto de Cariño

PorBisbarra

Venres, 7 Novembro 2025 , , , ,
Portos de Galicia dragará 15.840 metros cadrados da zona portuaria situada nos peiraos de atracada comercial interiores.Portos de Galicia dragará 15.840 metros cadrados da zona portuaria situada nos peiraos de atracada comercial interiores.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá case 220.000 euros na segunda fase da dragaxe do porto de Cariño. Portos de Galicia adxudicou os traballos que permitirán recuperar o calado e mellorar a operatividade portuaria no peirao comercial norte da dársena.

A segunda fase da dragaxe complementa as obras executadas o pasado ano para a recuperación de calado nesta dársena, nas que Portos de Galicia investiu xa 600.000 euros. En concreto, nesta segunda fase dragaranse 15.840 metros cadrados da zona portuaria situada nos peiraos de atracada comercial interiores. O obxectivo é alcanzar a cota de referencia de -7 metros.

Os traballos permitirán extraer máis de 11.000 metros cúbicos de áridos, que se levarán ao punto de vertedura autorizado. O prazo de execución das obras, unha vez iniciada a actuación, será de 3 meses.

PUBLICIDADE

REVERSIÓNS DE TERREOS AO ESTADO

Xunto ao próximo inicio das obras de dragaxe, Portos de Galicia está a avanzar tamén no proceso de reversión ao Estado de terreos portuarios declarados innecesarios. O obxectivo é que a Administración Xeral poida transferilos ao Concello de Cariño. Neste sentido, nos vindeiros días celebrarase unha reunión entre ambas administracións para consensuar a delimitación dos terreos que se proporá reverter.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.