PUBLICIDADE

Espazo en Común sinala ao alcalde pola a dimisión de Carmen Porto

Un dos últimos plenos celebrados no Concello de Ames.

Dende Espazo en Común explican que a dimisión da concelleira de Educación “non debe quedar nunha simple anécdota nin nunha nota ao pé de páxina. É o reflexo dun goberno en minoría que se fende, que fai augas e que xa non pode ocultar a súa debilidade. Un proxecto que prometía equipo, eficiencia e traballo, pero que só consegue lembrarnos aqueles tempos pasados nos que había un concelleiro de Educación por curso. Dimitir nunca é doado. Require valentía e sentido da responsabilidade. Por iso, cando alguén decide dar ese paso, merece cando menos respecto pola nosa banda e unha dose de autocrítica por parte de quen ten a responsabilidade última”.

Espazo en Común, fala do “alcalde, como adestrador do equipo, leva demostrado cos feitos que nin soubo escoller o once titular nin, moito menos, poñelo a xogar. En menos de dous anos, este goberno xa semella un vestiario desordenado, sen táctica nin dirección, onde as xogadas se improvisan e os resultados son cada vez peores. O máis grave non é o fracaso político, senón a inestabilidade e os problemas que provoca quen se nega a asumir que non estaba preparado para o cargo. En lugar de recoñecer os seus erros, prefire sinalar aos demais, culpar ao terreo de xogo ou ao árbitro, desviando a atención mentres o marcador se afunde”.

Fan especial fincapé en que “o equipo non funciona porque o adestrador non está á altura. E quizais, cando os erros pesan máis que os acertos, sexa momento de parar e reflexionar. Hai veces nas que a verdadeira responsabilidade non consiste en resistir custe o que custe, senón en saber ler o partido e entender cando é tempo de deixar paso. Porque, aínda que nunca sexa fácil abandonar o banco, hai xestos que, sen necesidade de palabras, falan de dignidade e de respecto polo equipo e pola veciñanza”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.