PUBLICIDADE

Borja Verea: “Goretti Sanmartín estalle facendo moito dano a Santiago

PorBisbarra

Domingo, 9 Novembro 2025 ,
Verea, portavoz local dos populares de Santiago en rolda de prensa.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, asegura que “Goretti Sanmartín estalle facendo moito dano a Santiago” e que este gobierno municipal ten a Santiago nunha situación terceiromundista. Desta ademais que “agora mesmo en Santiago hai un ambiente completamente irrespirable e tóxico, preguntámonos que máis ten que pasar?, son culpables dunha neglixencia que non ten xustificación e que está poñendo en risco a vida dos santiagueses”.

Verea  indica que “resulta moi revelador ver ao BNG e CA asinando decretazos en contra dos dereitos dos traballadores”, en alusión á orde dada polo goberno nacionalista pola que se suspenden os permisos e vacacións e días propios tanto aos membros da Policía local e se lles obriga a facer horas extra para servizos ordinarios. 

O lider da oposción destamca que “estamos ante un “modus operandi” ao que nos teñen moi acostumados, limpar a súa incompetencia, manchando o prestixio dos funcionarios do Concello, coa pouca vergoña de sinalar e culpabilizar aos profesionais de Policía local e bombeiros”.

PUBLICIDADE
Borja Verea, portavoz do PP en Santiago de Compostela

O Portavoz do PP fai unha pregunta el alto “ non son conscientes do seu estrepitoso fracaso?, xa sabemos que a alcaldesa e este goberno en minoría non vai dimitir, entre outras cousas, porque teñen un chiringuito montado de 25 asesores e altos cargos que hai que manter, pero hai unha realidade, isto xa non dá para máis”,

Destaca Verea está claro que “BNG e CA non coñecen nin a regulación para poder contratar máis policías locais e bombeiros, ou para pagar as nóminas completas, senón é imposible que despois de tres anos esteamos nesta situación, só hai que ter ganas de traballar e de chegar a acordos”.

Apunta que “só con dedicar uns minutos a ler a normativa xa verían, claramente, que a taxa de reposición é acumulativa e que hai propostas excepcionais, ninguén entende este debate, nin como son quen de repetir, semana tras semana, mes tras mes, que non se poden contratar máis policías e máis bombeiros, cando o están facendo outras cidades, pero están cómodos nese discurso e acabaron crendo a súa propia mentira”. “ A lei permite contratar máis policías pero eles non quixeron e agora estamos así”, concluíu.

En relación ao retraso dun ano do pago das horas extra, destacou que  “tampouco se trata dunha cuestión de diñeiro, porque o pago das cantidades que se lles debe á policía e bombeiros é equivalente ao gasto dos 25 asesores e altos cargos que teñen contratados a dedo, e ademais contan cos orzamentos máis altos da historia desta cidade”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.