PUBLICIDADE

Barbadás inviste 53.000 euros no camiño da Moura de Arriba

As obras abranguen 511 metros na vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado.As obras abranguen 511 metros na vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado.

O Concello de Barbadás iniciará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba. Trátase dunha vía que une os núcleos de Barbadás e Sobrado, polo que transitan numerosos vehículos e peóns. A intervención, enmarcada no Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), supón un investimento de máis de 53.000 euros e conta cun prazo de execución de 3 meses.

A tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, destaca o esforzo do Concello de Barbadás por mellorar as infraestruturas rurais. Asemade, o Goberno local pretende facilitar o acceso ás explotacións agrícolas e ás vivendas das parroquias. “O camiño da Moura de Arriba é unha vía fundamental para comunicar Barbadás e Sobrado, é unha zona moi transitada que se atopaba nun estado bastante complicado para a seguridade viaria”, explica.

As obras abranguen un tramo de 511 metros, nos que se actuará sobre firme, cunetas e sinalización. Deste xeito, aplicarase unha nova capa de aglomerado para corrixir as irregularidades actuais e mellorar a resistencia da vía. Asemade, limparanse as cunetas para favorecer a drenaxe da auga, rozarase a vexetación dos laterais do camiño para garantir a visibilidade, axustaranse en altura os tres pozos existentes na zona e instalarase nova sinalización vertical e horizontal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.