PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Xunta inviste máis de 118.000 euros en dous centros educativos de Pontedeume

Visita ao CEIP Couceiro Freijomil, un dos centros de Pontedeume beneficiaros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.Visita ao CEIP Couceiro Freijomil, un dos centros de Pontedeume beneficiaros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou dous centros educativos de Pontedeume nos que o Goberno galego investiu 118.000 euros en obras de acondicionamento. Trátase do CEIP Couceiro Freijomil e o IES Breamo. A delegada estivo acompañada do alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e do director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana.

No caso do CEIP Couceiro Freijomil, a intervención consistiu na substitución da cuberta da zona de Educación Infantil, cun investimento de 47.170 euros. Os traballos executáronse durante o verán para non interferir nas clases.

No IES Breamo remataron recentemente as obras para o cambio das ventás da fachada sur do centro e a impermeabilización da zona sobre o cadro eléctrico, cuxo importe ascendeu a 46.344 euros. Así mesmo, iniciáronse os traballos de pavimentación con formigón pulido do acceso ao centro pola fachada sur. Con esta intervención preténdese mellorar a accesibilidade eliminando os desniveis existentes para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida. Neste caso o importe dos traballos ascenden 24.600 euros.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
A Xunta investiu 70.944 euros no IES Breamo, outro dos centros beneficiarios do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
A Xunta investiu 70.944 euros no IES Breamo, outro dos centros beneficiarios do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

As intervencións en ambos centros están incluídas dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para a modernización dos centros educativos. No caso de Ferrolterra, recolle actuacións por valor de 14,3 millóns de euros. Ademais destas pequenas e medianas intervencións, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica recolle actuacións en marcha como a ampliación do CPI As Mirandas, que conta cun investimento de 3,1 millóns de euros; ou comprometidas, como a rehabilitación integral do CIFP Leixa, valorada en 2 millóns de euros.

A delegada territorial lembrou o compromiso do Goberno galego cunha educación pública de calidade, “que pasa tamén por ofrecer uns centros educativos que ofrezan espazos confortables, seguros e accesibles nos que os escolares poidan desenvolver a súa aprendizaxe”, indicou.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.