PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Fene avanza no acondicionamento de camiños rurais

PorBisbarra

Mércores, 11 Decembro 2024 , ,
Os últimos traballos de acondicionamento realizáronse entre novembro e decembro.Os últimos traballos de acondicionamento realizáronse entre novembro e decembro.

Concello de Fene continúa cos traballos de acondicionamento e mellora de varios camiños rurais nas diferentes parroquias. As últimas actuacións, realizadas entre os meses de novembro e decembro, incluíron o treito entre do Camiño do Catalán ao Camiño do Casal, en Maniños; o camiño que conecta Romariz co Camiño do Catalán, en Barallobre; e varios camiños na zona de Lubián, en Sillobre.

Estas intervencións consistiron en tarefas de roza da maleza e a mellora do firme mediante grava, co obxectivo de garantir a accesibilidade e incrementar a seguridade nestas vías, utilizadas habitualmente tanto por vehículos como por peóns.

A concelleira de Servizos, Sandra Permuy, destacou que “estes traballos son fundamentais para mellorar a calidade de vida da veciñanza e para conservar o noso medio rural”. Así mesmo, asegurou que as actuacións responden a demandas históricas das parroquias “ás que estamos a dar resposta grazas ao esforzo e compromiso do Goberno local”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Asemade, a edil engadiu que as os traballos de acondicionamento tamén contribúen á prevención de incendios e á preservación das contornas naturais que rodean as vías.

Con estas melloras, o Concello de Fene reafirma a súa aposta pola conservación das infraestruturas rurais, a mobilidade sostible e o equilibrio entre o desenvolvemento local e o coidado do medio ambiente.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.