A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asistiron á presentación da campaña institucional polo 8M. Trátase do proxecto O noso canto, creado integramente por mulleres para toda a sociedade galega.



