A Xunta comprométese a reforzar e mellorar os servizos de atención e coidado ás persoas maiores do Concello de Padrenda. Así o comunicou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante unha reunión co alcalde de Padrenda, Manuel Pérez.
Segundo a representante autonómica, na actualidade a Xunta destina máis de 300.000 euros en diferentes recursos para atención a maiores deste concello. Entre estes destacan o Bono coidado no fogar, do que se benefician 19 veciños, que reciben unha achega anual de 5.000 euros para coidados na casa. Así mesmo, a conselleira sinalou que desde o 2021 a Xunta concedeu a este municipio máis de 300 horas do Servizo de Axuda no Fogar ata completar as 1.484 coas que conta na actualidade.