PUBLICIDADE

Adxudícanse as obras de pavimentación de viarios na aldea de Vilaverde en Ames por valor de 251.000 euros

PorBisbarra

Xoves, 18 Xuño 2026 , , , ,
Imaxe do proxecto de Vilaverde

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, 18 de xuño, a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios na aldea de Vilaverde, pertencente á parroquia de Piñeiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Excavaciones Midón SL por un importe de 251.039,55 euros (IVE incluído). Este proxecto, que se sufraga con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2025, enmárcanse dentro do plan de arranxo e mellora das vías e camiños municipais.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos. Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación e mellora dos viarios na aldea de Vilaverde, pertencente á parroquia de Piñeiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Excavaciones Midón SL por un importe de 251.039,55 euros (IVE incluído).

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “continuamos coa execución de obras de mellora dos camiños e vías do rural. Neste caso vanse a pavimentar os viarios interiores da aldea de Vilaverde, na parroquia de Piñeiro. Esta obra súmase a outra que se vai facer en Piñeiro, para a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña, afluente do río Tambre. Nestas dúas actuacións vanse a investir 310.000 euros, que se sufragan con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2025”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.