PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Allariz aumenta a oferta termal cun novo balneario

PorBisbarra

Martes, 18 Febreiro 2025 , ,
Representantes da Deputación e o termalismo provincial reuníronse no novo balneario do hotel Oca Vila de Allariz.Representantes da Deputación e o termalismo provincial reuníronse no novo balneario do hotel Oca Vila de Allariz.

O hotel Oca Vila de Allariz xa conta coa autorización oficial que certifica a súa condición como establecemento con instalacións balnearias e augas mineromedicinais. Así pois, o presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, expresou a súa satisfacción pola incorporación á oferta termal da provincia dun novo balneario.

Así, engádese “un elemento máis nun gran sector estratéxico do noso territorio como é o termalismo”, apuntou o presidente provincial. Con este novo balneario increméntase a oferta terapéutica e de benestar na provincia de Ourense e dinamízase un concello “cun gran potencial turístico, como ten demostrado desde hai anos”, abundou Menor.

O presidente provincial trasladou os seus parabéns ao director do novo hotel balneario, Maike Pazos, no transcurso dunha reunión celebrada no propio establecemento allaricense e convocada pola Deputación de Ourense para analizar o desenvolvemento do programa de termalismo social.

PUBLICIDADE
O hotel Oca Vila de Allariz xa conta coa autorización oficial que certifica a súa condición como balneario.
O hotel Oca Vila de Allariz xa conta coa autorización oficial que certifica a súa condición como balneario.

ADHESIÓN DO BALNEARIO AOS PROGRAMAS PROVINCIAIS DE TERMALISMO

O encontro serviu para confirmar a próxima adhesión do balneario aos distintos programas de termalismo promovidos por la Deputación, con especial atención ao Termalismo contra a soidade non desexada. Deste xeito, o establecemento poderá ampliar a súa oferta de servizos, agora máis ampla con esta acreditación para tratamentos termais con augas mineromedicinais.

O encontro de traballo contou tamén coa participación do director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, ademais de representantes doutros balnearios da provincia. Na reunión púxose de manifesto o gran interese xerado polo programa provincial de Termalismo Social, onde o prazo de apertura de solicitudes abriuse fai apenas quince días, rexistrando máis de 1.500 reservas nas primeiras dúas semanas. Este dato supón o maior número de prazas reservadas no menor período de tempo desde que o programa comezara no 2013.

Os presentes avaliaron os datos de reservas por modalidades do plan, así como as estimacións para este ano e as accións para poñer en marcha desde a Oficina Termal AVE, en resposta ás propostas de colaboración recibidas para realizar promocións conxuntas entre o sector termal e outros axentes do territorio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.